Inicio Aviso legal

PostHeaderIcon Aviso Legal

1.- Aviso e información legais.

 

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, a continuación expóñense os datos identificadores da empresa:

Concello de Manzaneda

DOMICILIO: Manzaneda 32781 Ourense.

TELÉFONO/TELEFAX: 988 33 30 43

Enderezo electrónico: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

2.- Obxecto.

O sitio web concellodemanzaneda.es, facilítalle aos usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos á súa disposición polo Concello de Manzaneda.

3.- Condicións de uso e aceptación.

A utilización deste web concellodemanzaneda.es está suxeita ás seguintes condicións de uso. Pregámoslle que as lea atentamente. O feito de acceder a este web e utilizar os materiais contidos nel implica, que vostede leu e acepta, sen reserva algunha, estas condicións.

Así mesmo, estes materiais poden ser modificados, desenvolvidos ou actualizados sen notificación previa.

4.- Propiedade intelectual

Os dereitos de propiedade intelectual da páxina concellodemanzaneda.es, o seu código, fonte, deseño, estrutura de navegación, bases de datos e os distintos elementos que contén son titularidade de Concello de Manzaneda, a quen corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

Calquera transmisión, distribución, reprodución, comunicación pública, posta a disposición, transformación, manipulación ou almacenamento, total ou parcial, require o previo, e expreso, consentimento por escrito do Concello de Manzaneda, agás cando se indique o contrario. Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de enlace,  que dende páxinas de terceiros dean acceso directo ás páxinas de Concello de Manzaneda.

Este sitio pode conter dispositivos técnicos de enlace(s) a páxinas externas sobre as cales o Concello de Manzaneda non se responsabiliza, en ningún caso, dos contidos nin de calquera outro aspecto relacionado coas devanditas páxinas ou o seu acceso.

O Concello de Manzaneda reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións da información contida no web, da configuración e presentación desta e das condicións de acceso.

O Concello de Manzaneda non garante a inexistencia de interrupcións , erros no acceso ao web ou ao seu contido, nin que este se encontre actualizado. O Concello de Manzaneda levará a cabo,  sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución, e tan pronto teña noticia dos erros, desconexións ou falta de actualización nos contidos, todas aquelas labores tendentes a emendar os erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos.

Tanto o acceso ao web coma o uso sen consentimento, que se poida efectuar da información que contén, é responsabilidade exclusiva de quen o realiza. O Concello de Manzaneda non responderá das consecuencias, danos ou prexuízos, que puidesen derivar do devandito acceso ou uso. O Concello de Manzaneda non se fai responsable dos erros de seguridade, que se poidan producir,  dos danos que poidan causarlle ao sistema informático do usuario (hardware e software), así coma aos ficheiros ou documentos almacenados, como consecuencia da presenza dun virus no ordenador do usuario, e que sexa utilizado para a conexión aos servizos e contidos do web, un mal funcionamento do navegador, e do uso de versións non actualizadas.

A utilización non autorizada da información contida no web, a súa revenda, así como a lesión dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do Concello de Manzaneda dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

Toda a información e datos que se describen no sitio concellodemanzaneda.es foron extraídos de fontes fidedignas e refírense unicamente ao ámbito xeográfico do Estado español. O Concello de Manzaneda pode modificar, sen previo aviso, calquera información aquí recollida e esta non está suxeita a ningunha garantía. O Concello de Manzaneda non é responsable de calquera dano directo ou indirecto que poida ocasionar a exactitude, veracidade ou exhaustividade da devandita información, ou o uso que del poida facerse.

En ningún caso se entenderá que, polo acceso a este web concellodemanzaneda.es, o usuario obtén a licenza ou autorización para a utilización, máis alá do uso estritamente privado, de ningún contido, información ou servizo existentes no web concellodemanzaneda.es nin sobre ningún dereito relacionado con eles, especialmente os de propiedade intelectual e industrial.

O Concello de Manzaneda reserva a facultade de almacenar as direccións IP dos usuarios que acceden ao sitio web para a creación de estatísticas de acceso, coñecer os movementos dos usuarios e acumular información demográfica ampla en conxunto. Esta información será almacenada segundo o tempo máximo que esixe a lei.

Este aviso legal réxese en todos e cada un dos seus apartados polas leis españolas.

 

5.- Política de protección de datos de carácter persoal.

Mediante o envío dun correo electrónico a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou tras a realización dun pedido ou consulta dentro do sitio web, vostede consente e acepta, expresa e inequivocamente, que os seus datos persoais se incorporen e traten nun ficheiro que é de  titularidade e responsabilidade do Concello de Manzaneda para os efectos de poder, eventualmente, poñerse en contacto con vostede agora ou no futuro. Os datos recollidos serán utilizados só polo Concello de Manzaneda.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), o Concello de Manzaneda infórmao de que poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose ao Concello de Manzaneda.

O Concello de Manzaneda comprométese a utilizar os datos incluídos no ficheiro, anteriormente referido, respectando a súa confidencialidade e usándoos de acordo coa finalidade do ficheiro, así como a dar cumprimento á súa obriga de gardalos e adaptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido no Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado polo Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.