Inicio Entroido Entroido 2010 O Fulión de Manzaneda, na diáspora

This page require Adobe Flash 9.0 (or higher) plug in.

PostHeaderIcon O Fulión de Manzaneda, na diáspora

O Concello de Manzaneda ben de celebrar o primeiro acto de promoción e difusión do Fulión de Manzaneda na diáspora; foi na cidade de Vitoria, no País Vasco. Este importante acto de promoción da súa Festa de Interese Turístico de Galicia foi posible gracias ao ímpeto de Lectora de Galego na Facultade de Letras da Universidade de Vitoria, barquense Débora Álvarez Móldes coa mediación do fotógrafo Carlos G. Hervella.

Os actos celebrados consistiron nunha exposición fotográfica sobre o fulión de Manzaneda do autor Carlos G. Hervella do xornal O Sil, que pertencen ao Consello do Fulión, primeiramente na Facultade de Letras de Vitoria desde o día 17 ao 26 de febreiro e o mesmo día 26, unha conferencia na mesma facultade sobre o fulión.

Posteriormente foi trasladada a exposición ao Centro Galego de Vitoria onde permanecerá exposta por un tempo sen determinar. Tamén se celebrou outra conferencia o mesmo día 26 nos locais do Centro Galego, para dar a coñecer os segredos do fulión de Manzaneda.

Desde aquí, quero agradecerlles, en nome de todas e todos os veciños de Manzaneda, a todas e todos aquelas e aqueles que fixeron posible estes relevantes actos de promoción do noso patrimonio cultural máis senlleiro entre os nosos veciños, os galegos no exterior e entre os victorianos.

Gracias ao Rector da Universidade de Victoria, á Lectora de Galego na Facultade de Letras de Vitoria, e a todas e todos aquelas/es que aportaron o seu labor en beneficio destes actos.

Permítanme que lle lembre tamén a miña gratitude aos Presidentes dos Centros Galegos de Vitoria e San Sebastián por ter e ben acoller nas sedes dos seus Centros a nosa cultura máis popular.

Agardamos que este fructífero periplo de imaxes do Fulión de Manzaneda continúe por terras do País Vasco e por outras, dentro e fora da Península Ibérica.

Unha estimada aperta para todas e todos desde Manzaneda.

O alcalde – David Rodríguez Estévez.

Febreiro de 2010