Inicio Información Xeral

PostHeaderIcon Presentación Residencia

 

 

O concello de Manzaneda é o titular da Residencia da Terceira Idade “Gabino García Fernández” sendo a súa xestión totalmente pública. Atende as necesidades sociais, sanitarias e de coidados de corenta anciáns que, por diversas circunstancias, fundamentalmente soidade ou perda de autonomía, precisan asegurar os ditos coidados fóra do domicilio. A devandita atención préstase ás veces de forma temporal ou de forma permanente ata a fin da vida do residente.

Instalacións.

Esta Residencia da terceira idade situada na vila de Manzaneda, ó lado do Centro de Saúde, na finca O Palomar, Conta con corenta prazas de tipoloxía mixta das cales dezaoito están concertadas coa Xunta de Galicia para atención a persoas en situación de dependencia.

Ten vinte habitacións dobres, todas exteriores e estan dotadas de:

 

  • Calefacción Central.
  • Baño completo con axudas técnicas.
  • Armario individual empotrado.
  • Interfono para conexión interna.

 

 

Equipamentos:

 

  • Dous comedores: un para residentes con autonomía e outro para dependentes.
  • Sala Polivalente.
  • Sala de Ocio e televisión.
  • Capela interior.
  • Custodia de obxectos de valor.
  • Conexión Wifi gratuita

 

 

Servizos que se prestan no Centro:

O Centro conta cunha plantilla permanente integrada na do Concello de vintedous profesionais, cunha alta estabilidade laboral, contratos de laboral fixo e interinidade (agás substitucións), de acordo co vixente Convenio Colectivo de persoal laboral. Préstanse por parte do Centro os seguintes servizos:

 

  • Estadia en réxime de pensión completa.
  • Servizo de lavandería.
  • Cociña propia e dietas adaptadas ás necesidades nutricionais.
  • Servizo de Enfermería.
  • Servizo de Fisoterapia e rehabilitación.
  • Servizo de Animación Sociocultural e Terapias cognitivas.
  • Servizo de acompañamento.
  • Equipo multidisciplinar.
  • Plan de coidados individualizado.
Máis información no seguinte PDF

 

 

 

Actualizado ( Jueves, 28 de Abril de 2016 17:21 )