Inicio Novas Convocatoria de acreditacións de competencias profesionais

PostHeaderIcon Convocatoria de acreditacións de competencias profesionais

Convocatoria feita pola Consellería de cultura, educación e E.U. no DOG (orde do 16 de decembro de 2014) pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais no marco do programa acredítate, do que existe máis información na páxina web www.edu.xunta.es/fp e que ten validez en todo o estado amparado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Esta convocatoria é moi interesante para persoas que  adquiriron os seus coñecementos profesionais desenvolvendo unha actividad laboral pero sen titulación. Esta convocatoria establece unhas probas para recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida laboral co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional. As datas para inscribirse na acreditación de competencias da convocatoria de 2015 sondende o 8 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As solicitudes poden presentarse na secretaría dos institutos onde se fagan as probas de acreditación ou mediante a aplicación informática da Consellería que se atopa na páxina www.edu.xunta.es/fp que xera a documentación a presentar tamén nos centros habilitados para as diferentes acreditacións. 

É moi importante que se publicite esta información para que chegue a toda a poboación para que todos/as os/as interesados/as  podan estar acreditados/as laboralmente.