Inicio Novas XXXVII Torneo de Fútbol Sala “Vila de Manzaneda” na nova pista pista do paviillón polideportivo

PostHeaderIcon XXXVII Torneo de Fútbol Sala “Vila de Manzaneda” na nova pista pista do paviillón polideportivo

Hoxe as 18:00h. dará comezo a XXXVII edición do Torneo de Fútbol Sala “Vila de Manzaneda” ca participación de 10 equipos que se competirán en fase de grupos i eliminatorias ata o domingo que se disputará a final.

Este torneo está organizado pola Asociación. Deportiva Sporting Manzaneda, os cales queremos agradecerlle a súa contribución,  en colaboración co Concello de Manzaneda.

No día de hoxe e aproveitando o evento deportivo estrearase a nova pista do pavillón polideportivo. Pista que tivo unha inversión de 36.000€ cá aportación da Deputación de Ourense.

Respondemos así dende o grupo de goberno a unha necesidade existente dende fai anos, o estar a anterior en moi avanzado estado de deterioro, e poder dar continuidade as actividades que nel se realizan o longo do ano como é o fútbol sala da liga provincial, ximnasia de mantemento ou as actividades deportivas escolares iniciadas no curso pasado en colaboración co CEIP.

Grupo de Goberno do Concello de Manzaneda