Inicio Novas Novo vehículo PC Manzaneda

PostHeaderIcon Novo vehículo PC Manzaneda

O Concello de Manzaneda e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda veñen de recibir un novo vehículo todoterreo pick-up, así coma un novo esparcidor de sal, para os operativos que realiza constantemente dita agrupación.

 



O equipo de goberno do Concello de Manzaneda congratulase da nova adquisición deste equipamento, que permitirá a recente creada agrupación, seguir na súa liña ascendente no que a operativos e formación se refire.

 


O material foi subvencionado o 100% pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e entregado o día 20 de outubro nas instalación da  Axencia Galega de Seguridade Pública polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, e polo Director Xeral de Emerxencias de Galicia, Luís Menor, o cal lle queremos agradecerlle encarecidamente a boa disposición que mostrou en todo momento dende o seu nomeamento en favor desta agrupación, así como o recoñecemento polos servizos que dende Manzaneda se teñen prestado.

Dende o equipo de goberno queremos de novo mostrar o noso agradecemento a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda por todas as situacións nas que ten actuado, tendo sempre como obxectivo prever as situacións de risco ou meteoroloxía adversa, ou a protección de persoas e bens cando moitas veces as situacións non son as máis axeitadas.


Saúdos.


Davide.

Actualizado ( Lunes, 16 de Noviembre de 2015 10:02 )