Inicio Novas Obradoiro Aula CEMit Manzaneda

PostHeaderIcon Obradoiro Aula CEMit Manzaneda

OBRADOIRO_ MANZANEDA

Sábado, 12 de marzo, ás 17:00 h
Aula CeMIT - Manzaneda 
Manzaneda-Ourense

As Directrices da Paisaxe de Galicia

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia está a desenvolver a Estratexia da Paisaxe de Galicia. Nunha fase previa, contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia, a cal deu como resultado un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa da planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, o cal está en exposición pública para presentación de alegacións. (Documento dispoñible na ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/s…/c/Instituto_Estudos_Territorio…).

Baseándose no Catálogo de Paisaxes de Galicia, corresponde elaborar nesta segunda fase as determinacións e obxectivos de calidade paisaxística, criterios e accións, que conformarán as Directrices da Paisaxe. Entendendo que este proceso debe recoller as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, programase a realización de 50 obradoiros participativos, un por cada comarca paisaxística galega.
Para a participación nos diferentes obradoiros estase a realizar un convite a diferentes axentes sociais, convite que agradecemos se difunda e faga extensivo a calquera persoa interesada en asistir e que desexe tomar parte na elaboración da Estratexia da Paisaxe de Galicia, non sendo preciso axeitarse a ningún perfil profesional concreto. En calquera caso, por cuestións loxísticas e de organización agradecemos que aquelas persoas interesadas en participar comuniquen o seu interese escribindo un correo electrónico a: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Os interesad@s en participar nos obradoiros poden remitirnos un correo manifestando simplemente dita pretensión.
As solicitudes atenderánse por orde de chegada dos correos.
Para mellor control interno da fase participativa, PREGÁMOSLLES utilicen no asunto do correo a formulación a seguir, que vai en vermello e referida a cadanseu obradoiro, completada tan só co nome do interesad@. Grazas

 

OU_OBRADOIRO MANZANEDA_Clave_OB-16.108_CONFIRMACIÓN ASISTENCIA OBRADOIROS PARTICIPATIVOS_Nome do interesad@