Inicio Rutas Senderismo

PostHeaderIcon Rutas Senderismo

PostHeaderIcon Ruta Val do Glaciar de Prada

Ruta Val do Glaciar de Prada

Principia cabo da igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira, unha xoia da arquitectura barroca do S. XVIII coñecida popularmente como a «Catedral das Terras de Manzaneda». Seguindo o río Requeixo chégase á aldea abandonada de Prada, que conserva parte da Capela de San Bartolomeu, así como varias das súas tradicionais casas de alta montaña, que na actualidade son utilizadas como refuxio invernal para o gando. Ademais, pódese contemplar unha excelente panorámica sobre o Circo Glaciar de Prada, que data de entre 50.000 e 10.000 anos atrás e que someteu estas montañas da Serra de Queixa e O Invernadeiro a un proceso de abrasión glaciar.

Dende Prada, pasando polo Pontón, A Biduela e O Salgueiro, a través de camiños de alta montaña e pequenas congostras, regrésase á aldea de San Miguel de Bidueira. Á altura de Requeixo, existe a posibilidade de coller unha derivación da ruta principal e visitar a aldea de Placín.


ACCESOS

No oriente ourensán, dende A Pobra de Trives, continuar pola OU-0701 que pasa por Mendoi, Sobrado e o centro da vila de Manzaneda ata chegar a San Miguel de Bidueira.

LONXITUDE

17,5 km. (ruta principal mide 15,1 km e a derivación de ida e volta 2,4 km).

PUNTO PARTIDA / CHEGADA

Igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira (Concello de Manzaneda).

PERCORRIDO

San Miguel de Bidueira, Prada, O Pontón, A Biduela, Requeixo, Placín, San Miguel de Bidueira.

DIFICULTADE

Media.

DURACIÓN

4 horas e 27 minutos.

MATERIAL

Por tratarse de alta montaña e por mor da duración da ruta, recoméndase calzado de montaña, roupa de abrigo, auga e comida.

CONEXIÓNS

Co PR-G 137.

SERVIZOS

Fóra da ruta, en Manzaneda.

M.I.D.E.

MEDIO 1 2 3 4 5

ITINERARIO 1 2 3 4 5

DESPRAZAMENTO 1 2 3 4 5

ESFORZO 1 2 3 4 5

ACCESO EN BICICLETA

Apto totalmente.

ACCESO A CABALO

Apto totalmente.

 


Un plus da ruta...
Estación de Montaña de Manzaneda

Unha estación de montaña de carácter turístico-deportivo, con actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. O bosque de 2.000 hectáreas que rodea a estación completa un marco incomparable coas instalacións turísticas e de hostalería. Ademais do esquí, o visitante poderá practicar outras modalidades deportivas grazas ao conxunto de equipamentos: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, circuíto de karts, picadeiro de cabalos, circuítos de mountain bike, piscina climatizada e un pavillón multiusos con ximnasio. Tamén se poden practicar outras actividades como: sendeirismo, montañismo, escalada deportiva, tiro con arco e golf.


 

CARTOGRAFÍA I.G.N. 1:25.000

Nº 227-II Manzaneda e 227-IV Castiñeira.

 


 

ARCHIVOS DE POSICION GOOGLE EARTH Y GPS

Google Earth (KML)

GPS (GPX)


 

MÁIS INFORMACIÓN

Concello de Manzaneda 
Casa Consistorial. Estrada de Raigada, s/n.
32781 Manzaneda
Tel.: 988 333 043 / Fax: 988 333 048

Actualizado ( Martes, 05 de Junio de 2012 23:27 )

 

PostHeaderIcon Ruta dos Soutos de Cesuris

Ruta dos Soutos de Cesuris

Entre castiñeiros centenarios, esta ruta intérnase no Macizo Central para percorrer un dos recantos máis descoñecidos dentro do municipio de Manzaneda. Un lugar onde, malia o despoboamento, aínda se manteñen vivas actividades tradicionais coma o pastoreo, a agricultura e a recollida da castaña.

Tras cruzar San Miguel de Bidueira e deixar atrás a igrexa parroquial do mesmo nome atópase o cartel de inicio desta ruta. Dende aquí, coa panorámica do glaciar de Prada ás nosas costas, dirixímonos cara á aldea de Trabazos, que esconde a capela de Santo Antonio, ata alcanzar Cubeiros.

Dende Borruga, atravesando o Souto de Tonxil e Placín, chégase ao final desta ruta nas aforas de San Miguel de Bidueira.

Chegados a este punto existe a posibilidade de enlazar este sendeiro co PR-G 138.

Dende Prada, pasando polo Pontón, A Biduela e O Salgueiro, a través de camiños de alta montaña e pequenas congostras, regrésase á aldea de San Miguel de Bidueira. Á altura de Requeixo, existe a posibilidade de coller unha derivación da ruta principal e visitar a aldea de Placín.


ACCESOS

Na Pobra de Trives, no oriente ourensán, desviámonos cara a Manzaneda pola OU-0701 que pasa por Mendoi, Sobrado e o centro da vila de Manzaneda ata chegar a San Miguel de Bidueira.

LONXITUDE

11,37 km (A ruta principal mide 10,83 km e a derivación de ida e volta 540 m).

PUNTO PARTIDA / CHEGADA

San Miguel de Bidueira (Concello de Manzaneda). O punto de inicio e final atópanse en diferentes puntos desta aldea.

PERCORRIDO

San Miguel de Bidueira, Trabazos, Cubeiros, Borruga, Soutos de Tonxil, Placín, San Miguel de Bidueira.

DIFICULTADE

Media.

DURACIÓN

3 horas.

MATERIAL

Por tratarse de alta montaña e por mor da duración da ruta, recoméndase calzado de montaña, roupa de abrigo, auga e comida.

CONEXIÓNS

Co PR-G 138.

SERVIZOS

Fóra da ruta, en Manzaneda.

M.I.D.E.

MEDIO 1 2 3 4 5

ITINERARIO 1 2 3 4 5

DESPRAZAMENTO 1 2 3 4 5

ESFORZO 1 2 3 4 5

ACCESO EN BICICLETA

Apto totalmente.

ACCESO A CABALO

Apto totalmente.


Un plus da ruta...
Recollida da castaña: "A Rebusca"

Durante os meses de outubro e novembro, os bosques de castiñeiros ou soutos énchense de colleiteiros á procura da castaña. A variedade máis común no municipio de Manzaneda é a castaña amarelante, de alta calidade e moi valorada no mercado. Ademais de ser unha das maiores produtoras nacionais de castaña, Manzaneda conserva o castiñeiro de maior perímetro de Galicia en Rozabales, a pouca distancia da ruta.

O final da temporada da castaña está marcado pola actividade coñecida como «A Rebusca», na que se escolman a man as últimas castañas da colleita.


CARTOGRAFÍA I.G.N. 1:25.000

Nº227-II Manzaneda e 228-I A Veiga.

 


ARCHIVOS DE POSICION GOOGLE EARTH Y GPS

 

Google Earth (KML)

GPS (GPX)


 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Concello de Manzaneda

Casa Consistorial. Estrada de Raigada, s/n.
Tel.: 988 333 043 / Fax: 988 333 048
32781 Manzaneda

Actualizado ( Martes, 05 de Junio de 2012 23:23 )