Ruta dos Soutos de Cesuris

Entre castiñeiros centenarios, esta ruta intérnase no Macizo Central para percorrer un dos recantos máis descoñecidos dentro do municipio de Manzaneda. Un lugar onde, malia o despoboamento, aínda se manteñen vivas actividades tradicionais coma o pastoreo, a agricultura e a recollida da castaña.

Tras cruzar San Miguel de Bidueira e deixar atrás a igrexa parroquial do mesmo nome atópase o cartel de inicio desta ruta. Dende aquí, coa panorámica do glaciar de Prada ás nosas costas, dirixímonos cara á aldea de Trabazos, que esconde a capela de Santo Antonio, ata alcanzar Cubeiros.

Dende Borruga, atravesando o Souto de Tonxil e Placín, chégase ao final desta ruta nas aforas de San Miguel de Bidueira.

Chegados a este punto existe a posibilidade de enlazar este sendeiro co PR-G 138.

Dende Prada, pasando polo Pontón, A Biduela e O Salgueiro, a través de camiños de alta montaña e pequenas congostras, regrésase á aldea de San Miguel de Bidueira. Á altura de Requeixo, existe a posibilidade de coller unha derivación da ruta principal e visitar a aldea de Placín.


ACCESOS

Na Pobra de Trives, no oriente ourensán, desviámonos cara a Manzaneda pola OU-0701 que pasa por Mendoi, Sobrado e o centro da vila de Manzaneda ata chegar a San Miguel de Bidueira.

LONXITUDE

11,37 km (A ruta principal mide 10,83 km e a derivación de ida e volta 540 m).

PUNTO PARTIDA / CHEGADA

San Miguel de Bidueira (Concello de Manzaneda). O punto de inicio e final atópanse en diferentes puntos desta aldea.

PERCORRIDO

San Miguel de Bidueira, Trabazos, Cubeiros, Borruga, Soutos de Tonxil, Placín, San Miguel de Bidueira.

DIFICULTADE

Media.

DURACIÓN

3 horas.

MATERIAL

Por tratarse de alta montaña e por mor da duración da ruta, recoméndase calzado de montaña, roupa de abrigo, auga e comida.

CONEXIÓNS

Co PR-G 138.

SERVIZOS

Fóra da ruta, en Manzaneda.

M.I.D.E.

MEDIO 1 2 3 4 5

ITINERARIO 1 2 3 4 5

DESPRAZAMENTO 1 2 3 4 5

ESFORZO 1 2 3 4 5

ACCESO EN BICICLETA

Apto totalmente.

ACCESO A CABALO

Apto totalmente.


Un plus da ruta...
Recollida da castaña: "A Rebusca"

Durante os meses de outubro e novembro, os bosques de castiñeiros ou soutos énchense de colleiteiros á procura da castaña. A variedade máis común no municipio de Manzaneda é a castaña amarelante, de alta calidade e moi valorada no mercado. Ademais de ser unha das maiores produtoras nacionais de castaña, Manzaneda conserva o castiñeiro de maior perímetro de Galicia en Rozabales, a pouca distancia da ruta.

O final da temporada da castaña está marcado pola actividade coñecida como «A Rebusca», na que se escolman a man as últimas castañas da colleita.


CARTOGRAFÍA I.G.N. 1:25.000

Nº227-II Manzaneda e 228-I A Veiga.

 


ARCHIVOS DE POSICION GOOGLE EARTH Y GPS

 

Google Earth (KML)

GPS (GPX)


 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Concello de Manzaneda

Casa Consistorial. Estrada de Raigada, s/n.
Tel.: 988 333 043 / Fax: 988 333 048
32781 Manzaneda

Actualizado ( Martes, 05 de Junio de 2012 23:23 )