Inicio Turismo Festas

PostHeaderIcon Festas Populares e Feiras

FOLCKLORE E CULTURA POPULAR


  • Banda Municipal de Gaitas.
  • Festas Patronales.
  • Entroido: O Folión

    O Folión consérvase, no seu máis ancestral estilo, nos distintos lugares do municipio. O colorido pono a "mázcara", que baila ao ritmo que lle marcan os bombos, aixadas, cornas, gadañas…

  • Dende 1996 celébrase o día do martes de Entroido cun desfile e unha comida popular na capitalidade do municipio. Substitúeo a Festa da Matanza que se facía o 11 de novembro. O motivo de festexar o martes de Entroido é pola gran transcendencia popular que ten en todo o municipio, ademais do arraigo e ancestralidade que conserva.

FEIRAS

  • Reigada: día 8 de cada mes.
  • Manzaneda: día 22 de cada mes.

 

GASTRONOMÍA

A gastronomía está centrada na confección de pratos, que aproveitan os produtos típicos da zona, como poden ser os elaborados con castañas, caza, pesca e os derivados do porco (cocidos e caldos); todo iso regado cos bos viños da zona elaborados, artesanalmente, nas beiras do Bibei, en Requián ou nos bancais das ladeiras de Langullo e A Mata.

As sobremesas típicas son a bica e o  roscón, ademais doutros elaborados con produtos como a castaña.

É típico tamén acompañar as sobremesas con licores elaborados, artesanalmente, con augardente destilado, de forma tradicional, que é a base para a obtención de licores de herbas (xastreu), licor café e de distintas froitas da zona.

ACTIVIDADES QUE SE PODEN REALIZAR NO CONCELLO DE MANZANEDA

- Excursións:  á Serra de Manzaneda, Prada, As Ermidas, igrexa e museo do liño (en San Miguel de Bidueira), Reigada, aos Curros, (na serra de Manzaneda).

- Piscinas municipais.

- Polideportivo municipal.

- Actividades culturais (cine, teatro, concertos de música folk, Pop-rock…)

-Sendeirismo: Ruta do Castiñeiro de Pombariños (sinalizada)


ACTIVIDADES CULTURALES PROMOVIDAS POLO CONCELLO

- Cabalgata de Reis.

- Final da Liga Galega de Bandas de Gaitas, último fin de semana do mes de xullo. Son tres días de actividades relacionadas co mundo da gaita e a música tradicional. Celébrase na  Estación de Montaña de Manzaneda.

- Verán cultural (música, teatro, competicións deportivas, cine…)

XOGOS TRADICIONAIS.

- Bolos