Inicio Turismo Heráldica

PostHeaderIcon Heráldica

ESCUDO DE MANZANEDA

- Decreto de concesión: 169/85
- Data: 18 de xullo de 1.985
- Diario Oficial de Galicia: nº 163
- Data de comenzo do seu uso: 1.985

DESCRIPCIÓN

É un brasón organizado en tres particións: medio partido e cortado. No primeiro seis roeles de azur, postos en dous paus, sobre campo de prata; no segundo, e tamén en campo de prata, un castelo ao natural con tres torres ameadas, e a maior é a do centro; no terceiro dúas mazás de sinople, folladas do mesmo e dispostas en pau, en campo de ouro.

No timbre unha coroa real pechada e  forrada de gules.