Inicio Turismo Patrimonio Natural

PostHeaderIcon Lugares de Interese Turístico e Paisaxístico

CABEZA GRANDE DE MANZANEDA

A nosa proximidade á única estación de inverno de Galicia, fai deste municipio un dos grandes do turismo de montaña, fundamentalmente en tempada de inverno, aínda que cada día é maior o turismo estacional que nos visita, non só polo atractivo turístico da Estación, senón tamén por coñecer outros lugares do propio municipio e outros moi próximos a el como é o lugar das Ermidas, onde se atopa enclavado un dos santuarios de máis tradición pagá e relixiosa do oriente ourensán.

En relación aos deportes de inverno, non só constitúe o potencial turístico Cabeza de Manzaneda, senón  tamén o conxunto da Serra de Manzaneda, que ofrece grandes alternativas para coñecela camiñando. Unha das rutas é a dos “curros”, que nos achegará á vida do pastoreo na época estival.

 

OUTROS SITIOS

Ao achegármonos a  lugares abandonados como Prada ou paraxes de rochedos marabillosos como As Aguilladas, o Glaciar das Lamas, as Lagoas Grande ou Pequena, onde poderemos gozar do glaciarismo e da natureza en estado puro.

Os recursos cinexéticos son cada día maiores nos montes do noso municipio, principalmente no que a caza maior se refire, o que fai da caza un atractivo e un deporte ao aire libre.

O Camiño de Santiago é outra das manifestacións turísticas e culturais que conserva como atractivo o Concello de Manzaneda. Conta con importantes tramos da ruta xacobea, que se mantén viva con elementos de interese como son os restos da ponte de Requián (Soutipedre) ou da Capela de San Lázaro (Manzaneda), sen esquecer a toponimia e restos arquitectónicos, advocacións e imaxinería altamente significativa.

RIOS E ENCOROS.

- Regato da Acea.
- Río de Cernado.
- Río de San Miguel ou das Lamas.
- Río San Lázaro.
- Río Bibei.
- Río Mourela.
- Encoro do Vao.
- Presa de San Miguel.
- Río de Cubeiros
- Regato de Tintín.