Residencia

Información sobre a Instalación

O concello de Manzaneda é o titular da Residencia da Terceira Idade “Gabino García Fernández” sendo a súa xestión totalmente pública. Atende as necesidades sociais, sanitarias e de coidados de corenta anciáns que, por diversas circunstancias, fundamentalmente soidade ou perda de autonomía, precisan asegurar os ditos coidados fóra do domicilio.

INSTALACIÓNS.

Esta Residencia da terceira idade situada na vila de Manzaneda, ó lado do Centro de Saúde, na finca O Palomar, Conta con corenta prazas de tipoloxía mixta das cales vinte e unha están concertadas coa Xunta de Galicia para atención a persoas en situación de dependencia.

Ten vinte habitacións dobres, todas exteriores e estan dotadas de:

  • Calefacción Central.
  • Baño completo con axudas técnicas.
  • Armario individual empotrado.
  • Interfono para conexión interna.

EQUIPAMENTOS:

  • Dous comedores: un para residentes con autonomía e outro para dependentes.
  • Sala Polivalente.
  • Sala de Ocio e televisión.
  • Custodia de obxectos de valor.
  • Conexión Wifi gratuita

 

SERVICIOS QUE SE PRESTAN NO CENTRO:

O Centro conta cunha plantilla permanente integrada na do Concello de vintedous profesionais, cunha alta estabilidade laboral, contratos de laboral fixo e interinidade (agás substitucións), de acordo co vixente Convenio Colectivo de persoal laboral. Préstanse por parte do Centro os seguintes servizos:

  • Estadia en réxime de pensión completa.
  • Servizo de lavandería.
  • Cociña propia e dietas adaptadas ás necesidades nutricionais.
  • Servizo de Enfermería.
  • Servizo de Fisoterapia e rehabilitación.
  • Servizo de Animación Sociocultural e Terapias cognitivas.
  • Servizo de acompañamento.
  • Equipo multidisciplinar.
  • Plan de coidados individualizado.

Prezos e plazas da residencia

PREZOS POLOS DISTINTOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NO CENTRO PARA 2022

Estancia na residencia da terceira idade ocupando praza de válido con carácter xeral : 679,75€/mes.

Estancia na residencia da terceira idade ocupando prazaa para persoas dependentes: prazas non concertadas: 990,90€/mes.

Prazas concertadas coa Xunta de Galicia, de acordo coa normativa da lei da dependencia.

 

INGRESO NO CENTRO, SOLICITUDES E TRÁMITES

O ingreso no Centro realízase por parte do usuario ou do seu representante nos modelos que se achegan, e deberán acompañar a seguinte documentación:

1-Copia do DNI.
2-Copia da Tarxeta Sanitaria.
3-Copia da Declaración da Renda do último exercicio ou Certificado de Ingresos emitido pola Axencia Tributaria.
4-Informe Social emitido pol@ Traballador Social de Base do domicilio do solicitante.
5- Informe Médico emitido pol@ Facultativo do Centro de Saúde que corresponda ó solicitante.
6-Certificado de Empadronamento do solicitante

 

Aquí dispón do Formulario para a solicitude da praza.

ENDEREZOS E TELÉFONOS DE INTERÉS

Residencia da 3º Idade «Gabino García Fdez», O palomar s/n 32781 Manzaneda
Teléfono 988338103 – 988333185
Concello de Manzaneda- Departamento de Servicios Sociais, Ronda da Cabarca, nº10
32781 Manzaneda
Teléfono 988333043
Correo electrónico: concello.manzaneda.manzaneda@eidolocal.es