
INFORMACIÓN PLAN COOPEROU 2024 GASTO CORRENTE E AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA

💟⚧️💪Escola Empoderamento Universo Mulleres sistema xestión compartida concello de Manzaneda- concello Vilariño de Conso financiado a través do programa de Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
💟⚧️OBXECTIVOS
O conxunto entre os concellos de Manzaneda e Vilariño de Conso deseñado para a promoción da igualdade, prevención da violencia de xénero e tratamento de vítimas; ten en conta que pertence a unha zona rural de baixa concentración demográfica das denominadas ZPP, en concreto de zonas de montaña O obxetivo principal da escola de EMPODERAMENTO é a creación de redes de apoio entre mulleres nun espazo compartido de formación, saúde, autocoidado, autoestima..
Trata de traballar e fomentar as habilidades laborais e persoais, as competencias, as capacidades e a autoestima das participantes para mellorar a súa inserción laboral, a súa empregabilidade, a súa mellora profesional no caso de que estean activas, a saúde física e mental, un acompañamento para a mellora da situación persoal, social e laboral. Estamos pois ante unha intervención multidisciplinar que pivota no empoderamento, a capacitación, a orientación laboral e social e as habilidades de cada unha das participantes, dos talleres e cursos do programa que se relacionan na nota
💟⚧️RESULTADOS
-Mellorouse o coñecemento da muller no marco xurídico e legal para facer efectiva o empoderamento da muller e a non discriminación da muller.
– Aumentouse o tempo que as mulleres de Manzaneda e Vilariño de Conso adican a actividades non domésticas, realizando entre elas que mellorar a súa aptitude e saúde psíquica, física e emocional, con talleres entre outros de memoria, de ximnasia,
– Tranvasouse coñecemento tradicional galego do noso matriarcado e poder da muller rural galega dende o punto de vista do manexo da lá, do baile e música tradicional. encaixe de bolillos e retrando e inmortalizando patrimonio material inmaterial da da imaxe da muller co taller de muralismo.
– Contribuíuse a mellorar obxectivos da Axenda 2030, en concreto do ODS5 Igualdade de xénero e empoderamento de todas as mulleres.
+ info contacto concello Manzaneda:📞988333043 📧empoderamentofemenino.manzaneda@gmail.com 💟
https://www.instagram.com/reel/C86sxcsNSa_/?igsh=MWRxNHU1ZmY5NDJ3MA=
Inscribe xa as túas crianzas no 👦🏻👧🏻👦🏽🌞🛝CAMPAMENTO CONCILIA VERÁN: CRIANDO EN IGUALDADE sistema de xestión compartida Concello de Manzaneda-Concello de Vilariño de Conso, a través do plan Corresponsables de ámbito local financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
🗓️DURACIÓN CONCILIA VERÁN: 25 de xuño ao 10 de setembro
🕛HORARIO: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
🏫INSTALACIÓNS EN MANZANEDA: Espazo de Lecer CEIP Manzaneda
👁️🗨️PASOS A SEGUIR PARA A INSCRICIÓN
1- Descarga on line ou recolle no Concello a Instancia de Inscrición
2- Entregar a Inscrición cuberta no concello de Manzaneda ou pola sede electrónica do concello
🔗ENLACE COA DESCARGA DO FORMULARIO
https://drive.google.com/…/1TH1SUHSCswTKRpMJ1Cn…/view...
ou na páxina web do concello.INSTANCIA_CONCILIAVERAN24
O concello de Manzaneda dispón de subvención favorable no contexto do Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real Decreto 1516/2018, de 28 de decembro e o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril para as actuacións de «Aforro e eficienza enerxética no alumbrado nas zonas de Reigada, A Corredoira, Manzaneda e San Martiño. Concello de Manzaneda. Proxecto IDAE FEDER-EELL-2019-000980 co obxectivo específico OE 431 Eficienza enerxética en edificación e nas infraestruturas e servizos públicos. Medida 06 Renovación das instalacións de alumbrado, iluminación e sinalización exterior, con reducción de consumo da enerxía eléctrica reformada de alo menos 30% e indicadores de productividade C034 (TCO2 eq/año) e E001z (ketp/año) de 30,59 e 0,005