Este concello ven de percibir unha axuda económica, xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no marco da Intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, en Galicia para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en zonas rurais, nos que levamos a cabo a creación dun parque multiaventura na entorna do colexio e a mellora da accesibilidade e creación dun punto de recarga na praza do Concello
*O Concello de Manzaneda e o Concello do Bolo impulsan o programa «ACTIVA 2026» para a promoción da igualdade e o benestar social*
O Concello de Manzaneda, en calidade de entidade representante da agrupación conformada xunto co Concello do Bolo, puxo en marcha o programa conxunto «ACTIVA 2026», unha iniciativa integral dirixida ao empoderamento, acompañamento e mellora do benestar das mulleres no ámbito rural.
Descrición da actuación. O proxecto desenvólvese ao longo do ano 2026 e articula dúas liñas de traballo complementarias: Activamente (servizos de atención, orientación e acompañamento persoal, social e laboral) e Activacorpo (accións de empoderamento a través de obradoiros de benestar físico, expresión artística e creatividade). A través desta programación conxunta, as participantes de ambos os dous municipios contan coas seguintes actividades: Obradoiros de memoria: Martes e venres de 17:00 a 18:30 h en Algueirada (Manzaneda). Benestar físico e mental: Luns e mércores no Bolo. Expresión artística: «Martes de arte» no Bolo e «Recuperación de saberes» e «Cultura galega» en Manzaneda. Participación cidadá: Excursións conxuntas e actividades comunitarias de convivencia. Módulos formativos transversais: Sesións dedicadas á perspectiva de xénero, a identificación e deconstrución de estereotipos de xénero e a prevención da violencia machista.
Obxectivos do programa. O obxectivo principal destas axudas é previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, facilitando a recuperación da súa identidade e autonomía e a restauración dos seus proxectos vitais.
Resultados previstos. Coa participación prevista de 50 mulleres entre Manzaneda e O Bolo, búscase acadar como resultado unha mellora directa da súa situación persoal, social e laboral, reforzando a rede de apoio mutuo no rural e achegando ferramentas útiles para o seu desenvolvemento persoal e colectivo.
Financiamento da Unión Europea. Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria SI435A Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, desenvolvida mediante o sistema de xestión compartida. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, contando co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade.
Mediante Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o Concello de Manzaneda vense de adecuar o Curro de Pastores A Mosenda mediante unha subvención directa a dito proxecto senlleiro
Do 20 de xuño ao 5 de xullo máis de 45 cativos e cativas de entre 3 a 14 anos puideron beneficiarse do 👦🏻👧🏻👦🏽🌞🛝CAMPAMENTO CORRESONSABLES VERÁN 2025, Concello de Manzaneda «Criando en Igualdade e Axudando á Conciliación Familiar», a través do plan Corresponsables de ámbito local financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade a través de Fondos Europeos,
O Concello De Manzaneda en agrupación co concello de Chandrexa de Queixa foi beneficiario da convocatoria SI435A – Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, cofinanciada pola Unión Europea para o proxecto ESPAZO MULLERES DE ALTURA MANZANEDA-CHANDREXA: MACIZO CENTRAL O obxectivo principal destas axudas é previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade O resultado que se pretende acadar é unha mellora da súa situación persoal, social e laboral
Achegamos imaxe coa relación de actividad
Para maior información e inscrición comuníquese por mail mail mulleresdealtura@gmail,com ou teléfono concello de Manzaneda 9888333043