Como era o campamento? De onde viñan e a onde ían os romanos? Para que acampaban temporalmente neste lugar? Preguntas que se tentarán resolver na segunda fase do estudo arqueolóxico do campamento militar romano de Penedos dos Lobos. Sendo continuistas ca intervención arqueolóxica realizada en 2018, e a petición do Concello de Manzaneda, coa financiación de Turismo de Galicia, así como colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, estase a realizar unha nova intervención arqueoloxica no mencionado campamento. Nesta ocasión a intervención inclue tres tipos de actuacions: sondaxes arqueolóxicas, métodos xeofísicos e prospección de detección de metáis. Decir que na que se ten máis esperanzas é a das dúas prospeccións arqueolóxicas de antigos murarais e dos estudos científicos parellos de perfís que axudarán a comprender como era a trama construtiva. Neste sentido por medio da aplicación de novas tecnoloxías realizarase unha recreación virtual 3d do trazado. Polo que respecta aos medios xeofísicos poderanse detectar magnetismo, que nos poden indicar zonas donde facían por exemplo fogares de lume. A terceira pata da intervención sería a prospección e detección de metais. A dirección científica dos traballos está a levar José Manuel Costa da Universidade de Salamanca e a dirección técnica Francisco Alonso Toucido de Tempos Arqueólogos.
- Obradoiro Batidos Saudables
- II Escola de empoderamento