Axudas as explotacións gandeiras

 No DOG de hoxe publícase as bases mediante concesión directa das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína. Consulta o fío do DOG: as axudas por explotación carne vacún: 60 € por vaca nodriza, cebadeiro vacún: 12 € por xato, explotación de ovino-cabrún: 5 €/ovella e cabra; explotacións avícolas e de coellos una soa axuda por todas a plazas que varia dende os 600 aos 4.800 € segundo as plazas avícolae e de 2.580 € a 5160 € segundo o censo de prazas de reprodutoras de coellos.
As persoas interesadas non precisan facer unha solicitude para recibir a subvención; a listaxe preliminar de persoas físicas e xurídicas susceptibles de ser beneficiarias destas axudas de acordo co establecido no Real decreto 428/2022, que poderá consultarse na seguinte ligazón, antes do 29 de xullo: https://fogga.xunta.gal/…/beneficiario_de…/campana-2022
No caso do vacún de carne, ovino e cabrún, a solicitude de axuda entenderase realizada por ter presentada a solicitude única da PAC 2022 (Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR20D, MR241C e MR241D, publicada no DOG núm. 20, do 31 de xaneiro de 2022), consonte o artigo 8.1 do Real decreto 428/2022.
No caso dos sectores de aves e coellos, a solicitude de axuda entenderase realizada se fixeron en prazo a última declaración censual das explotacións, consonte o artigo 8.3 do Real decreto 428/2022.

AFORRO E EFICIENZA ENERXÉTICA NO ALUMBRADO

O concello de Manzaneda dispón de subvención favorable no contexto do Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real Decreto 1516/2018, de 28 de decembro e o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril para as actuacións de «Aforro e eficienza enerxética no alumbrado nas zonas de Reigada, A Corredoira, Manzaneda e San Martiño. Concello de Manzaneda. Proxecto IDAE FEDER-EELL-2019-000980 co obxectivo específico OE 431 Eficienza enerxética en edificación e nas infraestruturas e servizos públicos. Medida 06 Renovación das instalacións de alumbrado, iluminación e sinalización exterior, con reducción de consumo da enerxía eléctrica reformada de alo menos 30% e indicadores de productividade C034 (TCO2 eq/año) e E001z (ketp/año) de 30,59 e 0,005