Algo que destaca dun lugar como Manzaneda ao ser dos puntos máis altos de Galicia, son os seus impresionantes miradoiros, desde os cales podemos apreciar o Macizo Central na súa máxima expresión.
MIRADOIRO DO CURRO DA MOSENDA
Situado a 1555m, este miradoiro próximo aos Curros da Mosenda, os cales aínda son utilizados a día de hoxe para gardar o gando, foi creado como homenaxe aos pastores locais e presenta unha vista magnífica.
MIRADOIRO DE CABEZA GRANDE DE MANZANEDA
Este miradoiro está situado a 1781m no punto mais alto de Cabeza de Manzaneda, dende el podes ter unha vista de toda a comarca.
MIRADOIRO DA CHAIRA DAS LAMAS
Dende este miradoiro podemos ter unhas magníficas vistas dos poboados dos arredores, Manzaneda, Trives…, unha vista que non debe perderse.
MIRADOIRO DE TONXIL
Estupendo mirador dende o cal ver as diversas zonas dos arredores, destacala como una boa zona para ver en días de brétema.
MIRADOIRO DO MONTE CABECIÑO OU DA COUTADA
Este miradoiro ten de especial que aprobeitando o que ofrece a propia naturaleza púidose construir un miradoiro de 360º, dando unha vista panorámica magnífica.