RUTA DO VAL DO GLACIAR DE PRADA
Principia cabo da igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira, unha xoia da arquitectura barroca do S. XVIII coñecida popularmente como a «Catedral das Terras de Manzaneda». Seguindo o río Requeixo chégase á aldea abandonada de Prada, que conserva parte da Capela de San Bartolomeu, así como varias das súas tradicionais casas de alta montaña, que na actualidade son utilizadas como refuxio invernal para o gando. Ademais, pódese contemplar unha excelente panorámica sobre o Circo Glaciar de Prada, que data de entre 50.000 e 10.000 anos atrás e que someteu estas montañas da Serra de Queixa e O Invernadeiro a un proceso de abrasión glaciar.
LONXITUDE | 17.5 km. (ruta principal mide 15.1 km e a derivación de ida e volta 2.4 km). |
PUNTO PARTIDA / CHEGADA | Igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira (Concello de Manzaneda). |
PERCORRIDO | San Miguel de Bidueira- Prada- O Pontón- A Biduela- Requeixo- Placín- San Miguel de Bidueira. |
DIFICULTADE | Media. |
DURACIÓN | 4 horas e 27 minutos. |
MATERIAL | Por tratarse de alta montaña e por mor da duración da ruta recoméndase calzado de montaña roupa de abrigo auga e comida. |
CONEXIÓNS | Co PR-G 137. |
SERVIZOS | Fóra da ruta en Manzaneda. |
ACCESO EN BICICLETA | Apto totalmente. |
ACCESO A CABALO | Apto totalmente. |
M.I.D.E | MEDIO=1/5 ITINERARIO=2/5 DESPRAZAMENTO=2/5 ESFORZO=3/5 |
Archivos GPX E KML
RUTA DOS SOUTOS DE CESURIS
Entre castiñeiros centenarios, esta ruta intérnase no Macizo Central para percorrer un dos recantos máis descoñecidos dentro do municipio de Manzaneda. Un lugar onde, malia o despoboamento, aínda se manteñen vivas actividades tradicionais coma o pastoreo, a agricultura e a recollida da castaña.
Tras cruzar San Miguel de Bidueira e deixar atrás a igrexa parroquial do mesmo nome atópase o cartel de inicio desta ruta. Dende aquí, coa panorámica do glaciar de Prada ás nosas costas, dirixímonos cara á aldea de Trabazos, que esconde a capela de Santo Antonio, ata alcanzar Cubeiros.
Dende Borruga, atravesando o Souto de Tonxil e Placín, chégase ao final desta ruta nas aforas de San Miguel de Bidueira.
Chegados a este punto existe a posibilidade de enlazar este sendeiro co PR-G 138.
LONXITUDE | 11,37 km (A ruta principal mide 10,83 km e a derivación de ida e volta 540 m). |
PUNTO PARTIDA / CHEGADA | San Miguel de Bidueira (Concello de Manzaneda). O punto de inicio e final atópanse en diferentes puntos desta aldea. |
PERCORRIDO | San Miguel de Bidueira, Trabazos, Cubeiros, Borruga, Soutos de Tonxil, Placín, San Miguel de Bidueira. |
DIFICULTADE | Media. |
DURACIÓN | 3 horas. |
MATERIAL | Por tratarse de alta montaña e por mor da duración da ruta, recoméndase calzado de montaña, roupa de abrigo, auga e comida. |
CONEXIÓNS | Co PR-G 138. |
SERVIZOS | Fóra da ruta en Manzaneda. |
ACCESO EN BICICLETA | Apto totalmente. |
ACCESO A CABALO | Apto totalmente. |
M.I.D.E | MEDIO=1/5 ITINERARIO=2/5 DESPRAZAMENTO=2/5 ESFORZO=2/5 |
Archivos GPX E XLM