Primeiro fin de semana do outono, ven a camiñar ata o noso banco-miradoiro Alto Cabeciña: goza da paisaxe 360º con vistas a Área de Montaña ZEC Macizo Central Rede Natura 2000 e Área Interese Paisaxístico As Ermidas-Val do Bibei. Contribuíndo aos ODS3 Saúde e Benestar e ODS15 Vida e ecosistemas terrestres da Axenda 2030. Calca sobre Enlace como chegar aos nosos bancos miradoiro
Noticias recentes
COIDADOS PORTA A PORTA EN MANZANEDA
O 29 de setembro ás 11.00 na casa concello charla explicativa sobre as consultas que serán o 30 de setembro e 3 e 4 de outubro. Mira o video que editamos na que terás a información de especialidades das consultas e como solicitalas. Boa saúde para todas e todos, contribución ODS 3 Saúde e Benestar Axenda 2030.
Obradoiro de Alimentación Saudable
Obradoiro manipulador de alimentos.
Últimos días para anotarse no curso de Xestión de Soutos
OLLO: Últimos días para anotarse no curso de Xestión de Soutos que se imparte do 19 ao 21 de setembro no horario de 10.00 a 14.00 hs. O xoves 15 de setembro é último día para que acheguedes o anexo de solicitude cuberto no concello ou o enviando mail a concello.manzaneda.manzaneda@eidolocal.es. Podedes anotarvos de concellos da contorna. Adxuntamos enlace o anexo de solicitude que tendes que cubrir. Lembramos que é unha oportunidade para a formación por técnic@s do centro de desenvolvemento agroforestal de Riós e financiados integramente pola Consellería de Medio Rural e Axencia Galega de calidade Alimentaria.