Novo parque multiaventura e punto de recarga na praza do concello

Este concello ven de percibir unha axuda económica, xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no marco da Intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, en Galicia para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en zonas rurais, nos que levamos a cabo a creación dun parque multiaventura na entorna do colexio e a mellora da accesibilidade e  creación dun punto de recarga na praza do Concello

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DE LA IGUALDAD Y PREVENCIÓN DE LA VIOLENCIA DE GENERO, COFINANCIADA POR LA UNIÓN EUROPEA

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DE LA IGUALDAD Y PREVENCIÓN DE LA VIOLENCIA DE GENERO, COFINANCIADA POR LA UNIÓN EUROPEA
*O Concello de Manzaneda e o Concello do Bolo impulsan o programa «ACTIVA 2026» para a promoción da igualdade e o benestar social*

O Concello de Manzaneda, en calidade de entidade representante da agrupación conformada xunto co Concello do Bolo, puxo en marcha o programa conxunto «ACTIVA 2026», unha iniciativa integral dirixida ao empoderamento, acompañamento e mellora do benestar das mulleres no ámbito rural.

Descrición da actuación.
O proxecto desenvólvese ao longo do ano 2026 e articula dúas liñas de traballo complementarias: Activamente (servizos de atención, orientación e acompañamento persoal, social e laboral) e Activacorpo (accións de empoderamento a través de obradoiros de benestar físico, expresión artística e creatividade).
A través desta programación conxunta, as participantes de ambos os dous municipios contan coas seguintes actividades:
Obradoiros de memoria: Martes e venres de 17:00 a 18:30 h en Algueirada (Manzaneda).
Benestar físico e mental: Luns e mércores no Bolo.
Expresión artística: «Martes de arte» no Bolo e «Recuperación de saberes» e «Cultura galega» en Manzaneda.
Participación cidadá: Excursións conxuntas e actividades comunitarias de convivencia.
Módulos formativos transversais: Sesións dedicadas á perspectiva de xénero, a identificación e deconstrución de estereotipos de xénero e a prevención da violencia machista.

Obxectivos do programa.
O obxectivo principal destas axudas é previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, facilitando a recuperación da súa identidade e autonomía e a restauración dos seus proxectos vitais.

Resultados previstos.
Coa participación prevista de 50 mulleres entre Manzaneda e O Bolo, búscase acadar como resultado unha mellora directa da súa situación persoal, social e laboral, reforzando a rede de apoio mutuo no rural e achegando ferramentas útiles para o seu desenvolvemento persoal e colectivo.

Financiamento da Unión Europea.
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria SI435A Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, desenvolvida mediante o sistema de xestión compartida.
A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, contando co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

CAMPAMENTO VERÁN CORRESPONSABLES 2025

CAMPAMENTO VERÁN CORRESPONSABLES 2025

Do 20 de xuño ao 5 de xullo máis de 45 cativos e cativas de entre 3 a 14 anos puideron beneficiarse do  👦🏻👧🏻👦🏽🌞🛝CAMPAMENTO CORRESONSABLES VERÁN 2025, Concello de Manzaneda «Criando en Igualdade e Axudando á Conciliación Familiar», a través do plan Corresponsables de ámbito local  financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade a través de Fondos Europeos,

CAMPAMENTO VERÁN CORRESPONSABLES 2025

ESPAZO MULLERES DE ALTURA MANZANEDA-CHANDREXA DE QUEIXA:MACIZO CENTRAL

ESPAZO MULLERES DE ALTURA MANZANEDA-CHANDREXA DE QUEIXA:MACIZO CENTRAL

💜O Concello De Manzaneda en agrupación co concello de Chandrexa de Queixa foi beneficiario da convocatoria SI435A – Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, cofinanciada pola Unión Europea para o proxecto ESPAZO MULLERES DE ALTURA MANZANEDA-CHANDREXA: MACIZO CENTRAL ⚧️💜⛰️
O obxectivo principal destas axudas é previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade
O resultado que se pretende acadar é unha mellora da súa situación persoal, social e laboral

💜Achegamos imaxe coa relación de actividad

💜Para maior información e inscrición comuníquese por mail mail mulleresdealtura@gmail,com ou teléfono concello de Manzaneda 9888333043