MANZANEDA PIONEIRA EN INSTALACIÓN SOLAR FOTOVALTICA DE AUTOCONSUMO COMPARTIDO

Vimos de pasar favorablemente a inspección do Organismo de Control Autorizado (OCA) da instalación solar fotovoltaica compartida para as instalacións municipais de depuradora, centro médico, residencia 3° idade edif centro de día. Os 84 paneis fotovoltaicos instalaronse sobre a cuberta da nave municipal e conseguirán un autoconsumo respecto da enerxía consumida actual do 33% e excedentes á rede de 5%. A inversión total é financiada integramente a través das subvencións de proxectos de enerxía fotovoltaica do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), así como Convenio entre o Concello de Manzaneda e Rede Eléctrica de España S.A.U.