Últimos días para anotarse no curso de Xestión de Soutos

OLLO: Últimos días para anotarse no curso de Xestión de Soutos que se imparte do 19 ao 21 de setembro no horario de 10.00 a 14.00 hs. O xoves 15 de setembro é último día para que acheguedes o anexo de solicitude cuberto no concello ou o enviando mail a concello.manzaneda.manzaneda@eidolocal.es. Podedes anotarvos de concellos da contorna. Adxuntamos enlace o anexo de solicitude que tendes que cubrir. Lembramos que é unha oportunidade para a formación por técnic@s do centro de desenvolvemento agroforestal de Riós e financiados integramente pola Consellería de Medio Rural e Axencia Galega de calidade Alimentaria.

Enlace á sede electrónica