PROGRAMA DE PROMOCIÓN DE LA IGUALDAD Y PREVENCIÓN DE LA VIOLENCIA DE GENERO, COFINANCIADA POR LA UNIÓN EUROPEA

*O Concello de Manzaneda e o Concello do Bolo impulsan o programa «ACTIVA 2026» para a promoción da igualdade e o benestar social*

O Concello de Manzaneda, en calidade de entidade representante da agrupación conformada xunto co Concello do Bolo, puxo en marcha o programa conxunto «ACTIVA 2026», unha iniciativa integral dirixida ao empoderamento, acompañamento e mellora do benestar das mulleres no ámbito rural.

Descrición da actuación.
O proxecto desenvólvese ao longo do ano 2026 e articula dúas liñas de traballo complementarias: Activamente (servizos de atención, orientación e acompañamento persoal, social e laboral) e Activacorpo (accións de empoderamento a través de obradoiros de benestar físico, expresión artística e creatividade).
A través desta programación conxunta, as participantes de ambos os dous municipios contan coas seguintes actividades:
Obradoiros de memoria: Martes e venres de 17:00 a 18:30 h en Algueirada (Manzaneda).
Benestar físico e mental: Luns e mércores no Bolo.
Expresión artística: «Martes de arte» no Bolo e «Recuperación de saberes» e «Cultura galega» en Manzaneda.
Participación cidadá: Excursións conxuntas e actividades comunitarias de convivencia.
Módulos formativos transversais: Sesións dedicadas á perspectiva de xénero, a identificación e deconstrución de estereotipos de xénero e a prevención da violencia machista.

Obxectivos do programa.
O obxectivo principal destas axudas é previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, facilitando a recuperación da súa identidade e autonomía e a restauración dos seus proxectos vitais.

Resultados previstos.
Coa participación prevista de 50 mulleres entre Manzaneda e O Bolo, búscase acadar como resultado unha mellora directa da súa situación persoal, social e laboral, reforzando a rede de apoio mutuo no rural e achegando ferramentas útiles para o seu desenvolvemento persoal e colectivo.

Financiamento da Unión Europea.
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria SI435A Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, desenvolvida mediante o sistema de xestión compartida.
A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, contando co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade.